martes, 24 de septiembre de 2013

O Concello actúa na rede de pluviais para evitar bolsas de auga na Avenida Rosalía de Castro

O Concello continúa realizando traballos preventivos para reducir os riscos dos asolagamentos que se producen a consecuencia das choivas. Mañá actuarase nun tramo da Avenida Rosalía de Castro na que se soen crear grandes bolsas de auga. Para evitalas, farase unha limpeza a fondo de tragantes e arquetas da rede de recollida de pluviais.

Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario