Remarca a importancia de que a nosa Comunidade teña conseguido, fronte a países como Escocia ou Corea do Sur, albergar este congreso mundial, o máis importante que se celebra cada tres anos no campo da biotecnoloxía mariña e que, dixo, nestes vindeiros catro días converterá Galicia na “capital científica internacional” § Agradece que a compañía PharmaMar, organizadora deste encontro internacional, que nesta edición se celebra conxuntamente coa Conferencia Europea de Produtos Naturais Mariños, teña actuado como o “gran polo de atracción” para que estes eventos internacionais puxeran o seu foco na nosa terra § Salienta que nun futuro inmediato “a pauta que encauzará e intensificará” o apoio do Goberno galego á I+D+i será a Estratexia de Especialización Intelixente, que será presentada “proximamente”, e que situará o sector do mar como un dos “puntos fortes” da innovación en Galicia § “A Xunta quere facer da I+D+i un itinerario de futuro ao que sumar a nosa vinculación ao mundo do mar coma un valor engadido”, asegura; e, nesta liña, subliña que o Goberno galego ten mobilizado máis de 22M€ entre as dúas convocatorias do programa FEDER-Innterconecta; a última, resolta recentemente cunha partida aprobada de 17M€
Ir a la fuente de la noticia
Ir a la fuente de la noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario