martes, 24 de septiembre de 2013

Rafael Louzán, e o voceiro do PP na Illa de Arousa, Juan José González Vázquez, coincidiron hoxe na imperiosa necesidade de dotar ao municipio dunhas novas instalacións para os piragüistas

Juan José González expúxolle ao presidente da Deputación a proposta presentada polos populares no pleno municipal • Amosou a súa intención de desprazarse á Illa para analizar co rexedor local os posibles pasos para dotar aos deportistas de instalacións modernas e dignas • Louzán e González Vázquez coincidiron na necesidade de que o concello consiga os terreos con todos os permisos e autorizacións necesarias e os poña á disposición da Deputación • O centro viría a solucionar as notables deficiencias do actual Club de Piragüismo e abriría as portas a acoller outros deportes náuticos

Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario