“Conxemar é hoxe sinónimo dunha industria puxante e competitiva; unha industria da que Galicia aspira a seguir sendo expoñente no mercado internacional e que, a pesar das actuais circunstancias, quere seguir avistando futuro deste aquí, desde as nosas costas”, subliña § Asegura que Conxemar é a constatación de que o sector do conxelado en Galicia “quere gañar porvir e quere seguir conquistando mercados”, e que os 15 anos de percorrido desta feira de negocios “son o mellor aval para constatar a hexemonía deste certame no noso país” § Precisa que a industria conxeladora galega sostén “cifras moi consistentes” que dan mostra do seu peso en todo o sector pesqueiro. Así, apuntou que son 113 empresas as que se dedican na comunidade á actividade conxeladora de produtos do mar, que dan emprego a 8.000 persoas e facturan anualmente máis de 2.000 millóns de euros § Logo de visitar os expositores desta feira internacional, Alberto Núñez Feijóo reuniuse coa ministra de Produción de Perú, Gladys Triveño, e co subdirector de Pesca e Acuicultura da FAO, Arni Mathesen
Ir a la fuente de la noticia
Ir a la fuente de la noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario