jueves, 5 de marzo de 2015

Así foi a cruzada do PP a prol da factoría de Pescanova en Touriñán

"Debería ser Feijóo quen pagase o millón pola súa irresponsabilidade" O Tribunal Supremo vén de escribir o que, a priori, debera ser o derradeiro capítulo do contencioso en torno á non nata piscifactoría de Pescanova no cabo Touriñán, en plena Rede Natura. Como xa fixera o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o alto tribunal español certifica que a luz verde á factoría, outorgada no verán de 2005 polo Goberno de Manuel Fraga en funcións, adoecía de "vicios de nulidade de pleno dereito" e avala, asemade, a paralización decidida en 2006 polo Executivo de coalición de PSdeG e BNG. Así, o Supremo ratifica a condena a pagarlle un millón de euros á empresa pola non construción dunha planta que no seu momento xerou unha ampla controversia económica e ambiental pero que, sobre todo, constituíu toda unha cruzada para o PPdeG, que a converteu nun dos grandes argumentos da súa oposición ao bipartito.

Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario