domingo, 9 de junio de 2013

O galeón Illa de Cortegada tamén realizará travesías pola Ría durante os meses de xullo, agosto e setembro

As travesías a bordo do galeón Illa de Cortegada organizadas pola Concellería de Medio Ambiente e a asociación Rompetimóns volveron a contar este ano cunha excelente acollida por parte do público. Dado que a totalidade das 56 prazas ofertadas nas seis excursións prevista para para este mes xuño cubríronse ás poucas horas de abrirse á inscrición, o Concello e o colectivo cultural decidiron ampliar o programa aos meses de xullo, agosto e setembro. Os interesados en participar nestas singraduras en embarcación tradicional poderán inscribirse a partir do mércores, 13 de xuño. Son de balde.

Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario