martes, 30 de julio de 2013

O Concello desaconsella o baño nas praias da Concha Compostela tras detectarse niveis microbiolóxicos superiores aos permitidos

A Delegación Territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra comunicou esta mañá ao Concello que os niveis de concentración microbiolóxica nas augas das praias da Concha e Compostela superaban os baremos permitidos segundo as analíticas realizadas onte. En vista da situación e en espera dos resultados das mostraxes que se tomaron no día de hoxe, o Concello desaconsella o baño nos dous areais e ordenou izar a bandeira amarela para advertir aos usuarios. Tamén se colocaron carteis informativos nos paneis das praias.

Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario