Mañá mércores, 21 de maio, ás 11.00 horas, na sala de reunións da Casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do III Trofeo de Kaiak Polo Club Penedo, organizado polo equipo feminino de kaiak polo do Club Piragüismo Penedo, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Piragüismo, dentro da XIX Liga Galega de Kaiak Polo. O Trofeo disputarase o próximo domingo, 25 de maio, dende as 09.00 horas, nos campos de xogo instalados en fronte ao Centro Interfederado de Tui.
Ir a la fuente de la noticia
Ir a la fuente de la noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario