Xestión de espazos protexidos a golpe de bulldózer A Dirección Xeral de Conservación da Natureza vén de anunciar o comezo dunha nova e irracional alteración da lagoa de A Frouxeira (Valdoviño) que culminará, outra volta, co baleirado mecánico do humidal. De nada serviron as seis figuras de protección que posúe A Frouxeira, os bulldóceres xa están instalados sobre as dunas grises (hábitats prioritarios) e só agardan a orde para iniciar o baleirado artificial da lagoa. Semella que a Xunta, que no seu momento permitiu a construción dun deficiente paseo litoral emprazado por baixo da cota de inundación ordinaria do humidal, prefire degradar e alterar o equilibrio ecolóxico deste espazo, antes que modificar unha obra impactante que nunca debeu construírse dese xeito. O raposo, novamente ao coidado das galiñas (e con cartos públicos) A Dirección Xeral de Conservación da Natureza executora da apertura, é tamén a promotora dun nefasto e mutilado Plano de Conservación que non achega ningunha solución aos graves problemas que sofre este espazo. No último borrador deste Plano presentado ante a COGAMADES exclúese, por exemplo, a presenza na Frouxeira de hábitats naturais protexidos amplamente distribuídos e recollidos en distintos documentos técnicos.
Ir a la fuente de la noticia
Ir a la fuente de la noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario