O Valedor vén de facer pública a súa resolución logo de que máis de 11.000 persoas e colectivos denunciaramos os impactos da liña eléctrica que Fenosa pretende facer pasar polas fragas de Casas Vellas e Catasós. Xunta e Fenosa fican ben retratadas A queixa presentada diante deste organismo por máis de 11.000 persoas e numerosos colectivos sociais, ten a súa orixe na teima de Unión Fenosa Distribución, S.A. de pasar unha liña de transporte eléctrico por riba dun espazo, as fragas de Casas Vellas e Catasós, de importante valor paisaxístico e ecolóxico. Como consecuencia, e empresa tiña previsto talar, coa aquiescencia da Xunta, máis de 200 árbores da floresta autóctona, entre as que se atopan algúns dos exemplares dos castiñeiros máis altos de Europa.
Ir a la fuente de la noticia
Ir a la fuente de la noticia
No hay comentarios:
Publicar un comentario