lunes, 20 de abril de 2015

Traballadores/as do naval dan a volta á ría de Ferrol a pé polo futuro do sector chamándolle MENTIRÄN, TRAIDOR e falso a Feijóo

Denuncian que, fronte a propaganda do PP, a falta de carga de traballo continúa sen resolverse Afirman que o que vote ao PP estará traizoando a comarca de Ferrol e as súas xentes dando apoio aos inimigos da soiedade traballadora. Ás doce do mediodía do xoves, unha columna formada por máis de 2.000 traballadores e traballadoras do naval saían das portas do estaleiro de Ferrol para enfilar a Ponte das Pías. Da outra beira, agardaban os compañeiros e compañeiras da antiga Astano e, unha vez xuntos, continuaron a marcha a pé atravesando os concellos que bordean a ría nun percorrido próximo aos 20 quilómetros.
Ir a la fuente de la noticia

No hay comentarios:

Publicar un comentario